We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/

lyrics

FLAMANTE

García Mc (Raps) - Nastasia Zürcher (estribillos)

RAP I
Cando a rabia se converte en dignidade / cando a digna rabia me invade / collo o micro e convértome en chave dunha porta que se abre / e me lanzo como lanza nesta danza con destreza entre a maleza / canto e flores traio, digo e saúdo / hoxe é un bo día pra morrer: dinme os guerreiros / hoxe é un bo día pra morrer, respondo: estou contento / son un ghamberro nunha xungla de cemento / sabendo renacer, estate atento. Entro no templo da palabra e do silencio / onde rexe a lei dos encarnados e todo ten corazón / e ó ritmo deste son nos elevamos / porque sabemos que temos a forza da auga, do vento, do lume, da terra! / veño coa forza da Lúa e do Sol / veño das estrelas, volverei a elas!

Estribillo I
Galante, basta xa de tanto aguante / e danza co flamante son, que che pide que derives na verdade

Rap II
E agora son, como unha muller kurda liberando Kobane da barbarie / facendo isto pola humanidade / disparo ó corazón, demasiada sen razón / superpoñendose a ritmo de televisión / sobre as realidades, e os seus prismas interiores / e os froitos das verdades / son as forzas opoñentes encarnadas nos innomeables / nesta época de ferro da que falaban os orientales / xa sabes, fálache de frente o representante dos fracasos escolares / facendo desta vida malabares / e as maiores dores: as dos desamores / no fondo da alma escóitanse os clamores / pero o meu espírito, camiña e camiñará en busca da verdade / facendo isto pola humanidade. Como é?, como é?

Estribillo II
Galante, basta xa de tanto aguante / e danza co flamante son, que che pide que derives na verdade

credits

released November 2, 2021
MUSIC
Lyrics and Vocals: García Mc, Nastasia Zürcher (refrain)
Beat: Sidewalk
---
It is a song recorded, mixed and mastered by D3 on MS Records.
Produced by García Mc

license

all rights reserved

tags

about

García Mc GA, Spain

García Mc
since 1997

-GHAMBERROS

-DIOS KE TE CREW

-LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS

-NACIÓN QUILOMBO

contact / help

Contact García Mc

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Flamante, you may also like: