We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Quen Son Eu?

by García Mc, Xisco Feijóo

/

about

Primeiro sinxelo do próximo traballo de García Mc que levará por título "Sergio Manuel". Un traballo de carácter autobiográfico, neste caso trátase da etapa da adolescencia onde xurde esa gran pregunta: quen son eu? Unha etapa onde o ser humano, experimenta e descubre a novidade como mellor pode no social e no individual. Xisco Feijoó, referente da tradición galega pon a guinda ca súa voz e pandeireta. Mesturamos os raps de García ca crueza dun ritmo drill de influencia norteamericana co sabor da tradición galaica nun tema gravado, mesturado, masterizado e co-producido por Iago Pico. Velaí a primeira peza do crebacabezas biográfico de García Mc.

lyrics

García Mc - Quen Son Eu?

Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.

Hoxe lembreime cando era un rapaz, ao ritmo deste compás, mentres soaba Nicki Minaje, reparando en tempos pasados alí por tras do instituto, 14 anos, non eran cigarros xa fumabamos, e como aramos no destino e mira onde estamos, o que fixemos que conseguimos. Tempos pasados, tempos de experimentación. Buscando a verdade onde non era, pero, aquela xeira foi necesaria, gracias a ela, son quen son!

Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.
Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.

Ese tempo xa non está pero aínda resoa na miña cabeza por que será? e florece no meu corazón en transformación, fracaso escolar dun sistema que te examina, que te explota como unha mina, así era a miña vida. Bebíamos litros antes de clase, menudo desfase, pero o rap me liberou, me conectou, todo estoupou. Quen son eu? Para que estou no mundo? Un sentimento profundo. Coñecelo mundo era o meu rumbo. Alma sensible, mundo, pouco flexible. Rompe o fusible, fago, isto extensible, a todo aquel que vive, como vivín eu, con coraxe, miña primeira viaxe. O meu primeiro bico, miña primeira letra, o meu primeiro choio, miña primeira rapaza, o meu primeiro concerto, miñas primeiras drogas... As miñas primeiras grandes preguntas en busca de grandes verdades. Quen son eu? Par que estou no mundo? Un sentimento profundo.

Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.
Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.
Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.
Ese tempo non virá, e xa nunca volverá, pero dentro aínda está, aínda está.

Ese tempo xa non está... e florece no meu corazón en transformación.
---
Sergio M. Regos García
"García Mc"

credits

released July 1, 2023
García Mc (Letra, voz, produción executiva e co-produción musical)
Xisco Feijoó (Voz e pandeireta)
Iago Pico (Gravación, co-produción musical, edición, mestura e masterización en Pouland Studios)
Héctor de la Rosa (Un arranxo no beat) ig: @lightskinhector

license

all rights reserved

tags

about

García Mc GA, Spain

García Mc
since 1997

-GHAMBERROS

-DIOS KE TE CREW

-LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS

-NACIÓN QUILOMBO

contact / help

Contact García Mc

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Quen Son Eu?, you may also like: